Epidemiología de la tuberculosis infantil en Galicia, años 1996-2011

  1. Ursúa Díaz, María Isabel
Dirixida por:
  1. José Luis Rodríguez-Villamil Fernandez Director
  2. Isabel Otero González Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 03 de outubro de 2018

Tribunal:
  1. Luis Valdés Cuadrado Presidente
  2. Ángeles Castro Iglesias Secretario/a
  3. José María García García Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 572080 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Desde 2011, a Organización Mundial da Saúde (OMS) avanzou enormemente no enfoque e desenvolvemento de métodos para estimar a carga real da tuberculosis (TB) infantil, e obter o recoñecemento que se merece. Aproximadamente un millón de nenos desenvolven TB cada ano e polo menos o 14% morren. O 51,4% son menores de 5 anos (<5 anos). As primeiras estimaciòns globais publicadas para o ano 2014 de resistencia a isoniazida (H) e multirresistencia foron dun 12,1% e 3,2% respectivamente, mentres que a infección tuberculosa estimouse en 67 millóns de nenos, cinco dos cales por cepas resistentes a H e dous por cepas multirresistentes. Todo neno infectado ou enfermo representa un evento centinela de transmisión recente de Mycobacterium tuberculosis (M. tuberculosis) na comunidade, polo que deben ser unha prioridade nas estratexias de prevención e control de TB. O obxectivo desta tese é facer un estudo descriptivo da evolución de TB infantil en Galicia desde a implantación do Programa Galego de Prevención e Control da TB (PGPCTB) en 1996 ata o 2011 e as súas características epidemiológicas, a partir dos datos obtidos do Sistema de información de TB (SITUB) de Galicia. Malia unha evolución favorable, representa un 6,5% da carga de TB, cunha incidencia máis elevada que a media europea e española.