Aplicación de técnicas de proteómica para el estudio de la patobiología del patógeno humano "Acinetobacter baumannii" y de sus mecanismos de interacción con céulas eucariotas

  1. Méndez Arredondo, José Antonio
Dirixida por:
  1. Germán Bou Arévalo Director
  2. Fernando Fernández Rodríguez Director
  3. J. Arturo Santaballa Titora

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de xullo de 2018

Tribunal:
  1. Rafael Seoane Prado Presidente
  2. Aida Pitarch Secretario/a
  3. Ana Isabel Marina Ramírez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 548853 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Antecedentes: O patóxeno humano Acinetobacter baumannii supón unha ameaza moi seria polo seu alto grao de resistencia os antibióticos existentes e a súa capacidade para causar infeccións graves de elevada mortalidade. Obxectivo: Realizar un estudio proteómico de Acinetobacter baumannii cepa AbH12O-A2 coa finalidade de entende-la patobioloxía da bacteria e coñece-los mecanismos de interacción con células eucariotas e de adaptación o hóspede. Metodoloxía: A cepa de interese tense sometido a diversos experimentos de cultivos controlados en múltiples condicións, os filtrados e extractos lisados teñen sido procesados por técnicas de separación: electroforese en xel, cromatografía líquida, e as proteínas analizadas e identificadas por técnicas de espectrometría de masas e transcipción. Resultados: Téñense identificado varios grupos de proteínas sobreexpresadas e infraexpresadas segundo as condicións experimentais, co que queda de manifesto o seu interese patoxénico. Conclusión: Os estudos realizados neste traballo teñen permitido obter unha visión global e integrada da patobioloxía de Acinetobacter baumannii, a súa relación con células eucariotas e a súa persistencia en ambientes hospitalarios que amplían o coñecemento para posteriores identificacións de dianas antibióticas e desenvolvemento de vacinas. Actualmente varios autores teñen utilizado os nosos resultados para o deseño racional de vacinas que confiren protección parcial.