Alfonso Daniel Manuel Rodríguez "Castelao"biografía dun construtor da nación

  1. SEIXAS SEOANE, MIGUEL ANXO
Dirixida por:
  1. Lourenzo Fernández Prieto Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. Ramón Villares Paz Presidente
  2. Borja de Riquer Permanyer Secretario/a
  3. Alicia Alted Vigil Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Historia

Tipo: Tese

Teseo: 521274 DIALNET

Resumo

A vida e a obra de Alfonso Daniel Rodríguez " Castelao " dialoga cun tempo e cuns espazos. O rianxeiro foi emigrante, de rapaz, cos pais, na pampa arxentina, retornado con eles á galicia, foi estudante universitario en compostela, caricaturista, artista gráfico, médico, funcionario en pontevedra, teórico da arte, nacionalista galego, humorista gráfico e escritor en lingua galega. A súa obra fixo del un personaxe célebre. Foi deputado nas cortes constituíntes (1931-1933) e represaliado en 1934-1935. Defensor do estatuto de autonomía para galicia, aprobado en 1936 apoiará coa súa obra gráfica e a súa voz ó goberno da república en estados unidos, e padecerá o exilio en nova iorque e en bos aires. Por todo converteuse en vida nun símbolo de Galicia. Nesta biografía tentamos achegarnos ó castelao total. Revisarmos a urde e a trama que tece a súa vida: a arte e a escrita. Logo de catalogar toda a súa obra artística e de ler todos os seus escritos conservados e o máis substancioso que sobre el se escribiu ata agora tentamos entender ó home, ó escritor, ó artista e ó político.