A construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas do ano 2009estratexia partidaria, produción da información e cidadanía

  1. López López, Paulo Carlos
Dirixida por:
  1. Lois Álvarez Pousa Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 19 de febreiro de 2016

Tribunal:
  1. Fermín Bouza Álvarez Presidente/a
  2. Berta García Orosa Secretaria
  3. Álvaro Xosé López Mira Vogal
  4. Manuel Martínez Nicolás Vogal
  5. Nieves Lagares Díez Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Resumo

As eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2009 foron uns comicios con características especiais, dende o nivel fenomenolóxico ata o comunicativo e o político, onde, nun momento de varias crises superpostas, cada axente xogou un papel determinante na configuración das diferentes axendas e no encadre dos actores. Os acontecementos que tiveron lugar entre setembro de 2008 e marzo de 2009 no contexto económico e social, dinamitaron a posibilidade de continuidade no poder por parte de dous partidos políticos, PSOE e BNG, que, naquela altura, estaban condenados a entenderse para construír unha alternativa á dereita en Galicia. A presente investigación realizouse mediante un estudo pormenorizado das novas dos xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El País entre o 9 de decembro de 2008 (data de saída de Xornal de Galicia) e o 28 de febreiro de 2009 (último día da campaña electoral) a través dunha metodoloxía mixta onde se conxuga a análise de discurso e de contido, ademais da extracción de datos dos diferentes barómetros do CIS. Sobre esta base constrúese o relato electoral mediante a “tematización” presente nos medios, investigando o proceso de diálogo (ou comunicación) que se estableceu entre os partidos políticos, os medios de comunicación e a cidadanía dentro do marco das teorías da axenda-setting e tamén da axendabuilding e as súas posibles influencias no voto. O desenvolvemento da investigación incardinouse nun momento de cambio, cunhas axendas que estaban reforzando o seu contido económico, e no que o período máis conflitivo se deu entre o 23 e o 28 de febreiro, onde os encadres sobre determinados protagonistas se acentúan, certos temas se reforzan e o conflito chega ao punto máximo co “despilfarro” como elemento central.