Os insultos en galegoestudo lingüístico

  1. NOVO FOLGUEIRA, PAULINO
Dirixida por:
  1. Manuel González González Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 16 de decembro de 2013

Tribunal:
  1. Pilar García Mouton Presidente/a
  2. Francisco Xabier Varela Barreiro Secretario
  3. Ramón Mariño Paz Vogal
  4. María-Dolores Sánchez-Palomino Vogal
  5. Dolores Corbella Díaz Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Resumo

Pódense considerar diferentes conceptos para palabras que substitúen o nome propio dunha persoa ou a cualifican para ofender ou agradar: Alcume. Sobrenome para unha persoa ou familia de carácter informal e coloquial, que recolle polo xeral un defecto ou circunstancia persoal, e adquire carácter social. Tense definido como un insulto continuado, instalado para aplicar sempre á mesma persoa. Alter ego. Personaxe dunha obra de creación que representa o seu autor en carácter, ideas, etc. Apelativo. Calquera nome ou adxectivo con que se chama unha persoa sen ser o seu nome propio, e que dalgún xeito o cualifica; pode ser tamén nome cualificativo. Cognome. Na Roma clásica, segundo apelido que era distintivo da familia dentro da gens; inicialmente, moitos deles foran alcumes que denominaban trazos físicos ou morais. Heterónimo. Nome doutra persoa que usa un autor para asinar o seu traballo, ou pseudónimo que adquire características ou personalidade propias, como un desdobramento do autor. Insulto. Palabra ou expresión ofensiva para provocar, irritar ou humillar a alguén. Pseudónimo. Nome usado por un artista en vez do seu nome propio. Sobrenome. Nome cualificativo que se emprega para chamar unha persoa en vez do seu nome propio. Nun intento por xerarquizar estes conceptos, apelativo puidera ser hiperónimo, aínda que habería que recoñecer que ten certa asepsia e atopa dificultades para encaixar como hipónimo o insulto. Pero tamén está claro que insulto non ten o rango semántico do apelativo. Este traballo sempre tivo a intención de encargarse dos insultos, e así figura no seu título, pero ó atopárense usos de insulto que non ofenden (p.ex.: en María Moliner bicharraco ‘se aplica como insulto, a veces afectuosamente, por ejemplo a un niño’), ou aparecer alcumes nos libros de literatura baleirados, ou sorprendernos unha palabra aplicada de maneira figurada ou literaria a unha persoa, ou cambiar un insulto o seu fin de ofender para transformarse nunha palabra para honrar (p.ex.: na Revolución Francesa os sans culottes ‘sen calzóns’ foron militantes radicais de clase baixa, sobre todo traballadores urbanos, pero despois da Revolución o termo pasou de ser ofensivo a ser levado con orgullo)... o criterio abriuse a recoller o que no título do dicionario figura como “insultos, outros apelativos e palabras con significados figurados aplicados a persoas”.