Selección natural sobre a cor das flores de Gentiana lutea L.

  1. Veiga Blanco, Tania
Supervised by:
  1. Javier Guitián Rivera Director
  2. María del Mar Sobral Bernal Co-director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 April 2015

Committee:
  1. José Ramón Obeso Suárez Chair
  2. Pablo Guitián Rivera Secretary
  3. Monserrat Arista Palmero Committee member
  4. José María Sánchez Fernández Committee member
  5. Pedro José Rey Zamora Committee member
Department:
  1. Department of Botany

Type: Thesis

Abstract

Selección natural sobre a cor das flores de Gentiana lutea L. A variación floral dentro dunha de especie pode resultar da variación espacial nos axentes de selección. A cor floral podería variar pola selección dos animais que se alimentan das plantas. Os polinizadores poderían exercer selección natural sobre a cor, si a cor inflúe na eficacia do consumo. Outros axentes de selección, como os predadores de sementes, poderían seleccionar sobre a cor, si a cor indica recursos alimentarios (sementes) ou si a cor está relacionada con defensas químicas. Así, a variación na cor das flores entre poboacións podería reflectir adaptación a condicións locais como a comunidade de interactuantes. En primeiro lugar, investigamos a variación espacial en atributos florais e vexetativos en 12 poboacións de Gentiana lutea localizadas no extremo occidental da súa distribución. Os nosos resultados indicaron que, maila que as poboacións difiren en atributos vexetativos, son os caracteres florais -particularmente a cor das flores- os que arrastran a variación fenotípica en G. lutea. En segundo lugar, estudamos a selección sobre a cor nunha poboación de G. lutea; atopamos selección sobre a cor, exercida por polinizadores e predadores de sementes. Ambos axentes favoreceron individuos con flores amarelas, polo que nesta poboación, a variación na cor non se pode explicar como resultado dunha selección oposta exercida por polinizadores e predadores. En terceiro lugar, inspeccionamos a variación nas presións de selección sobre a cor en 12 poboacións de G. lutea. Atopamos que as presións selectivas explican parte das diferenzas na cor das flores entre poboacións de G. lutea e que os polinizadores inflúen na adaptación local da cor.