Diario de Galiciaxornalismo de calidade con Galicia como marco de referencia

  1. Fernández Méndez, Denís
Dirixida por:
  1. Xosé López García Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 de febreiro de 2012

Tribunal:
  1. Ramón Villares Paz Presidente
  2. Berta García Orosa Secretaria
  3. Joan Manuel Tresserras Gaju Vogal
  4. Carme Ferré Pavia Vogal
  5. Jesús Timoteo Álvarez Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Teseo: 324810 DIALNET lock_openTESEO editor

Resumo

O obxectivo desta tese de doutoramento é analizar a experiencia que no marco do xornalismo galego supuxo o Diario de Galicia, medio de comunicación que estivo presente nos quioscos do país entre marzo de 1988 e febreiro de 1989. Seguindo as pautas e usos da disciplina académica que se coñece como Historia da Comunicación, optamos por empregar distintos métodos de investigación, cualitativos e cuantitativos. As hipóteses de traballo coas que partiamos eran, en primeiro lugar, a existencia dunha vontade de renovar a prensa galega por parte da dirección do medio, mediante o emprego de xéneros xornalísticos de interpretación e opinión. En segundo lugar, que este medio xurde como expresión no campo da comunicación dos sectores progresistas e galeguistas das novas clases medias que se forman en Galicia a raíz dos cambios sociais, económicos, culturais e políticos que se producen durante os anos 60, 70 e 80. Consideramos ambas hipóteses razoablemente demostradas tras o proceso de investigación.