Regionalización hidrológica con métodos estadísticos multivariados

  1. Zucarelli, Graciela Viviana
Dirixida por:
  1. Marta del Carmen Paris Co-director
  2. Óscar Carlos Duarte Co-director
  3. Antonio Paz González Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 05 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Rafael Santiago Seoane Moretón Presidente/a
  2. Eva Vidal-Vázquez Secretario/a
  3. Jorge Dafonte Dafonte Vogal

Tipo: Tese

Resumo

A auga é un recurso escaso, xa sexa pola súa calidade, cantidade ou pola súa presencia. Por outra banda, as condicións de exceso poden provocar situacións críticas de risco hídrico, ben sexa polo aumento da ameaza hidrolóxica, da vulnerabilidade social, ou de ambas. Isto require establecer estratexias de xestión axeitadas para asegurar o seu uso eficiente e racional. Xa que a conca hidrográfica é xeralmente considerada como unha unidade de xestión dos recursos hídricos comprometidos na mesma, a identificación de zonas hidrolóxicamente homoxéneas é un aspecto que debe ser tido en conta ao estimar variables hidrolóxicas implicadas na planificación de estratexias de xestión (como caudais de deseño, eventuais escenarios de regulación, proxectos de obras e capacidade dos cursos de auga, entre outros) e contemplar a heteroxeneidade dos ambientes actuais dentro desa unidade de xestión. O termo rexionalización é utilizado en Hidroloxía para describir a transferencia de información dun lugar a outro dentro dunha área de comportamento hidrolóxico similar. Deste xeito, a rexionalización é utilizada para obter información hidrolóxica en sitios sen datos ou con pouca información. O principio de rexionalización é a similaridade espacial dalgunhas funcións, variables e parámetros que permiten tal transferencia. Un beneficio adicional da análise rexional da información é a súa contribución á mellora da rede de observacións de datos hidroclimáticos a medida que a metodoloxía explora a información dispoñible e identifica lagoas. O obxectivo da investigación desenvolvida nesta tese foi determinar as variables que son importantes para delimitar rexións hidrolóxicas homoxéneas, aplicando métodos estatísticos multivariados. Considerouse para a análise a información dispoñible en concas hidrográficas do Perú e realizouse unha análise comparativa coa conca do Río Uruguai. Os resultados obtidos indican a adecuación do uso conxunto de varios métodos multivariados e das curvas de Andrews para a identificación e interpretación das rexións definidas. A área de aporte, a precipitación, a lonxitude do cauce e o caudal resultaron ser as características físicas e variables hidrolóxicas máis significativas na diferenciación de rexións hidrolóxicas homoxéneas