A fala de Castrelo do Val
- Alonso Núñez, Aquilino
- Rosario Álvarez Blanco Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 09 de novembro de 2011
- Xosé Luís Regueira Fernández Presidente
- Antón Palacio Sánchez Secretario/a
- Gonzalo Navaza Blanco Vogal
- María Victoria Navas Sánchez-Élez Vogal
- Maria-Rosa Lloret Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Nesta investigación describo a fonética e a fonoloxía da fala do concello de Castrelo do Val e tamén describo o substantivo, o adxectivo, o verbo e as outras clases de palabras (os pronomes persoais, os artigos, os demostrativos, os posesivos, os numerais, os indefinidos, os relativos, os adverbios, as preposicións e as conxuncións) da fala citada. No capítulo 6 fago unha caracterización dialectal da fala estudada, relaciono esta fala co resto do galego e dou conta dos principais cambios lingüísticos detectados. Os métodos empregados na investigación foron fundamentalmente as enquisas e as gravacións.