Análise do comportamento rodoviário de risco a partir da teoria do comportamento planeadoo papel das crenças atitudinais e normativas na condução sob a influência do álcool

  1. Pimentao, Cristina
Dirixida por:
  1. Ricardo García Mira Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de outubro de 2011

Tribunal:
  1. Jorge Sobral Fernández Presidente
  2. María del Pilar García de la Torre Secretario/a
  3. Corneliu Eugen Haverneanu Vogal
  4. Ana Sacau Vogal
  5. José Miguel Ángel García Martínez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 316088 DIALNET

Resumo

Esta investigación tivo como obxectivo xeral analizar o comportamento de risco de conducción en coche desde a perspectiva da Teoría da Conducta Planeada de Ajzen (1985, 1988, 1991). De acordo con este modelo, a intención de levar a cabo unha conducta de risco depende das actitudes que teñen os conductores cara a esa conducta, da norma subxectiva e máis do control conductual percibido. Como norma xeral, canto máis favorable é a actitude cara á conducta, canto máis favorable é a norma xubxectiva, e canto maior sexa o control conductual percibido, maior será a probabilidade de que teña lugar esa conducta. Formulamos tres obxectivos específicos de investigación: 1) averiguar se o modelo proporciona mellor axuste cós datos cando se considera a influencia de creenzas xerais e específicas; 2) identificar as dimensións do modelo que contribúen con máis varianza á explicación da intención para levar a cabo a conducta, así como para a realización mesma da conducta; e 3) analizar as diferenzas existentes cando se consideran unha serie de variables sociodemográficas (por exemplo, xénero, edade, formación). Para ísto, desenvolveuse un estudio de enquisa, que incluíu un cuestionario administrado a 560 conductores (299 mulleres e 261 homes) maiores de 18 anos, con licenza de conducir activa. Os resultados amosaron que o modelo proporcionaba mellor axuste cando a explicación da conducta se baseou nas creenzas actitudinais xerais e que as creenzas actitudinais específicas e o control conductual percibido eran mellares predictores da intención para levar a cabo unha conducta de risco. Atopáronse tamén diferenzas entre as dimensións cando foron analizadas en función das variables sociodemográficas.