Calidade de vida, custe económico e tipos de incontinencia urinaria na terceira idade, en Galicia

  1. Dios Diz, José María
Dirixida por:
  1. José Manuel Mayán Santos Director
  2. José Ramón Corrochano Santos Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 05 de febreiro de 2011

Tribunal:
  1. Raimundo Mateos Álvarez Presidente
  2. María del Carmen Jiménez Díaz Secretario/a
  3. Antonio Pose Reino Vogal
  4. Javier de Toro Santos Vogal
  5. José Javier Soldevilla Ágreda Vogal

Tipo: Tese

Resumo

A Incontinencia Urinaria (IU), está considerada como un dos grandes Síndromes Xeriátricos. Como tal, é enfocada na maioría dos estudos realizados. Pero temos que dicir, que é unha patoloxía, que moitas veces reflexa unha situación previa que é a que provoca a incontinencia. Importante, é que o traballo está elaborado en poboación xeral, e dicir, en xente que non ten ningunha relación co Sistema Sanitario, pois a forma de captación dos participantes, é a través do cupo Médico, de cada un dos investigadores participantes neste estudo. Definimos a Calidade de Vida, como un estado de benestar global, comprendido por evaluacións obxetivas e subxetivas do benestar físico, material, social e emocional, xunto co desenrolo e as espectativas particulares, todo elo, ponderado por unha serie de valores personais. Daremos datos de Custe Económico da Incontinencia Urinaria, e o compararemos con enfermidades tan prevalentes en Galicia, como a Diabetes, a Hipercolesterolemia ou a Hipertensión Arterial. Outra parte importante do traballo, é saber o Tipo de IU que presentan os pacientes que teñen este Síndrome. Por último, daremos datos de Prevalencia, en poboación xeral, sin relación co Sistema Sanitario. Os Grandes Síndromes Xeriátricos*, podemos definilos como os problemas máis importantes que lles poden suceder os noso maiores. Entre eles consideramos: 1. Úlceras por presión. 2. Incontinencia Urinaria. 3. As Caídas. 4. Os Ictus: Confusión-Delirio. 5. Trastornos pola Inmobilidade. 6. Alteracións o comer ou trastornos da alimentación. 7. Alteracións do sono. 8. Infeccións no Maior. 9. Alteracións na pel. 10. Estreñimento. 11. Incontinencia Fecal. 12. Deterioro Cognitivo ou Demencia. 13. Depresión. Existen en España, máis de 7 millóns de persoas, maiores de 65 anos; délas, o 34,64% presentan IU, é decir, 21530.843 persoas presentan IU. Obxetivos: A) Obxetivo Xeral: Valorala Calidade de Vida dos pacientes con Incontinencia Urinaria. Indicar cómo repercute na vida diaria dun maior de 65 anos o tema da Incontinencia. B) Obxetivos Específicos: 1º). Saber os Tipos de IU máis frecuentes. Valoralo tratamento axeitado a cada tipo de IU. 2º). Coñecer o Custe Económico da IU, en Galicia, no ano 2006, e comparalo co custe doutras enfermidades, como a Diabetes, a Hipercolesterolemia ou a Hipertensión Arterial. Comparalo tamén, co custe económico no ano 2004, para evaluar a evolución do custe co paso de dous anos. 3º). Saber a Prevalencia da IU en Galicia, no ano 2007. Xustificación: Na bibliografía, existen traballos de Prevalencia, de Calidade de Vida, de Actividades da Vida Diaria en relación ca IU, pero non foron feitos en poboación xeral, sin relación co Sistema Sanitario; ningún traballo foi encontrado na laboura de investigación previa. O traballo faise en poboación maior de 65 anos, o que nos indica importancia relevante deste sector de poboación, e que os investigadores actualmente están dando un pulo de interese a este grupo de persoas, as veces, olvidado polos investigadores. Para facer a valoración da Calidade de Vida dos pacientes con Incontinencia Urinaria, utilízase o ICIQ (International Consultation on Incontinence Questionnaire) que é un cuestionario autoadministrado, que identifica ás persoas con incontinencia de ouriña e o impacto na Calidade de Vida. Metodoloxía: O Diseño do traballo, parte dun Estudo Piloto, realizado no Concello de Outes, no ano 2004, onde os resultados foron espectaculares e moi parecidos os conseguidos neste traballo. É un estudo descriptivo, baseado nunha entrevista persoal, realizada persoalmente por 7 Médicos investigadores, a cada unha das persoas da mostra. Toda a información é recollida por un coordinador, que codifica os datos e os pasa o epidemiólogo. O estudo está realizado en Galicia desde o ano 2007 e como traballo específico en Tordoia (A Coruña) tamén no ano 2007 e parte do 2008. O tamaño mostral calculóuse co programa EPIDAT. Os puntos de muestreo obtuvéronse por un proceso aleatorio proporcional a sua poboación. O número total de persoas entrevistadas en Galicia (con 21750.000 habitantes) foi de 1.209, onde 535 son Homes e 674 Mulleres. Separouse por estratos de idade entre os 65-74 años, e de máis de 74 anos. O número total de persoas entrevistadas en Tordoia, pobo de 4.500 habitantes, foi de 180: deles 100 eran mulleres e 80 homes. Para facer a valoración da Calidade de Vida dos pacientes con Incontinencia Urinaria, utilízase o ICIQ (International Consultation on Incontinence Questionnaire) que é un cuestionario autoadministrado, que identifica ás persoas con incontinencia de ouriña e o impacto na Calidade de Vida. Resultados: O nº total de persoas entrevistadas en Galicia foi de 1.209, onde 674 (55,7%) son mulleres, e 535 (44,3%) son Homes. O nº total de persoas entrevistadas en Tordoia, foi de 180. 100 (55,5%) foron Mulleres e 80 (44,5%) Homes. A Prevalencia da IU en Galicia, nos anos 2007-8, é do 34,64%. Entre os 65-74 anos, o 30,45% tiña IU; Nos de máis de 74 anos, o 41,50% da poboación é Incontinente. Entre a poboación de 65 a 74 anos, as mulleres teñen ó 33,39% de Incontinencia. Os homes, o 27,12%. Entre a poboación de > 74 anos, as mulleres, son ó 47,99%, é dicir, 1 de cada 2 mulleres é Incontinente. Os homes o 31,72%. A Prevalencia da IU en Tordoia, nos anos 2007 e 2008, foi de 34,82%. Entre a poboación de 65 a 74 anos, as mulleres teñen o 34,10% de Incontinencia. Os homes o 27,92%. Entre a poboación de > 74 anos, as mulleres son o 48,52%. Os homes o 30,50%. Existe un aumento da IU ca idade, en Homes e en Mulleres. Por Tipos de IU, nos Homes, a IU máis frecuente, e a Mixta (43,76%), e nas Mulleres, é a Mixta co 44,93%. O Total, é tamén a Mixta, co 43,44%. Por Idade, entre os 65-74 años, a máis frecuente e a Mixta co 42,54% e por encima dos 74 años, a Mixta co 44,50%. No Total, tamén e a IU Mixta co 43,44%. Relacionando o Tipo de IU, ca Idade e o Sexo, observase que a Mixta e a máis frecuente en relación os dous parámetros. Realizado o test ICIQ-SF obtubose un rango entre 2 e 11 entre os que presentaban IU (cunha media de 7.63). No 94% da poboación estudada, que presenta IU, obxetívase unha repercusión na sua Calidade de Vida, afectando non só a área individual senón tamén social. O nº total de persoas entrevistadas: 1.209, onde 535 son Homes e 674 Mulleres. Por estratos de idade, os Homes, entre os de 65-74, foron 352 (65,79%) e nos de máis de 74 anos, os Homes, foron 183 (34,21%). As Mulleres, por estratos de idade, entre as de 65-74 anos, eran 398 (59,05%), e entre as de >74 anos, eran 276 (40,95%). A Prevalencia da IU, onde vemos que o 34,64% de todolos pacientes entrevistados, é Incontinente. Entre os 65-74 anos, as Mulleres teñen o 33,39% de Incontinencia e nas de máis de 74 anos, o 47,99%. É dicir, 1 de cada 2 Mulleres é Incontinente. Os Homes, entre os 65-74 anos, o 27,12%, é Incontinente. Nos de máis de 74 anos, ó 31,72% son Incontinentes, é decir, que un de cada tres, é Incontinente. A Calidade de Vida, en relación ca IU. Despois de realizar o test ICIQ-SF nos mostra un rango entre 2 e 11 entre os que presentaban IU (cunha media de 7.63). Indícanos, que o paciente considera que afecta a sua Calidade de Vida, de forma moi significativa. Discusión: O traballo, ten tamén o interese de valorar o Custe Económico que representa a IU para o erario publico, asi como relacionar o custe désta enfermidade, con outras enfermidades prevalentes na nosa sociedade. Así, vemos, que o gasto económico en Galicia, no ano 2006, en productos para a IU, e de 271986.314,32 euros. Comparado cos productos utilizados para a Diabetes, en Fármacos Hipoglucemiantes orais, Insulinas e análogos, é de 261377.992,15 euros (un millón e medio de euros menos que para a IU). Realizouse o test ICIQ-SF de Calidade de Vida, obténdose un rango entre 2 e 11 entre os que presentaban IU (cunha media de 7.45). En máis do 90% da poboación estudada que presenta IU, obxetívase unha repercusión importante na súa Calidade de Vida, afectando non só a área individual, senón, tamén social. Estímase (polos propios pacientes) que repercute na súa vida diaria, unha media por encima de 7 puntos (entre 0: nada, e 10: máxima repercusión). Chama a atención o rango de afectación da Calidade de Vida, e sin embargo o baixo índice de consulta deste Síndrome. Si é tan importante a afectación nas Actividades da Vida Diaria, por qué o índice de consulta é tan baixo? (ou nulo moitas veces). Por qué, sabendo os sanitarios que se consulta pouco este cadro, non indagamos máis nel? Conclusións: 1ª) Por estratos de idade, no estudo de Galicia, entre os 65-74 anos, o 30,45% ten IU; Nos de máis de 74 anos, o 41,50% da poboación é Incontinente. Entre a poboación de 65 a 74 anos, as mulleres teñen ó 33,39% de Incontinencia. Os homes, o 27,12%. Entre a poboación de > 74 anos, as mulleres, son ó 47,99%, é dicir, 1 de cada 2 mulleres é Incontinente. Os homes o 31,72%. No estudo de Tordoia, por estratos de idade, entre a poboación de 65 a 74 anos, as mulleres teñen o 34,10% de Incontinencia. Os homes o 27,92%. Entre a poboación de > 74 anos, as mulleres son o 48,52%. Os homes o 30,50%. Existe un aumento da IU ca idade, en Homes e en Mulleres. 2ª) Sabemos que a Prevalencia de IU en Galicia, nos anos 2007-8, en maiores de 65 anos, é do 34,64%; indica que unha patoloxía como a IU, en persoas "que non tiñan relación co sistema sanitario", e que afecta a 1 de cada 3 persoas, debe facer que o persoal sanitario e as propias Administracións, leven a cabo Protocolos, que mitiguen este cadro tan importante en termos absolutos. A Prevalencia da IU en Tordoia, nos anos 2007 e 2008, foi de 34,82%. 3ª) Por Tipos de IU, nos Homes, a IU máis frecuente, é a Mixta (43,76%), e nas Mulleres, é a Mixta co 44,93%. O Total, é tamén a Mixta, co 43,44%. Por Idade, entre os 65-74 años, a máis frecuente é a Mixta co 42,54% e por encima dos 74 años, a Mixta co 44,50%. No Total, tamén é a IU Mixta co 43,44%. 4ª) Existe un elevado Custe Económico da Incontinencia Urinaria. Da misma maneira, que comparado con outras enfermidades moi prevalentes na nosa sociedade, como o Diabetes, a Hipercolesterolemia ou a Hipertensión Arterial, esta patoloxía, en termos económicos, equipárase con calquera delas. 5ª) A Calidade de Vida vese moi afectada, sitúandose no 7 para as mulleres e nun 4 para os homes. Indícanos, que o paciente considera que afecta a sua Calidade de Vida, de forma moi significativa. 6ª) A Incontinencia Urinaria é un importante problema de saúde, xá que a nosa investigación, demostrou que o padece 1 de cada 3 persoas maior de 65 anos, afectando a casi o doble de mulleres que de homes. Indica que na poboación xeral, sin contacto co Sistema Sanitario (pois as persoas sacáronse do listado do cupo médico, e non tiñan ningunha relación co Sistema), está por descubrir un porcentaxe moi amplo de pacientes, que en silencio, sufren un Síndrome, para o cal existe, hoxe en día, tratamentos, que si non curan o problema, sí melloran a Calidade de Vida destas persoas.