Portal da
Investigación
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
8.115
Proxectos
Unha investigación avalía os potenciais perigos do caucho reciclado
Daniel Armada Álvarez estudou na súa tese de doutoramento como o contido químico dos pneumáticos triturados e reutilizados en diversas superficies pode contaminar a auga e aire lindeiros malia que non chega a exceder os límites legais
Luns, 27 de marzo de 2023
Un test rápido para detectar a enfermidade celíaca convértese no proxecto vencedor da EIJE 2023
O equipo da USC integrado por Daniel Abella López, Alejandro Failde Fiestras e Adrián López Teijeiro acadou o primeiro posto no Encontro Internacional de mozas e mozos Emprendedores que se desenvolveu na cidade portuguesa de Viseu
Luns, 27 de marzo de 2023
TraffikGene avanza nas terapias de ARN mensaxeiro en inmunoterapia contra o cancro
O reitor Antonio López acompañou ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, para que coñecese de primeira man a evolución deste proxecto que recibe financiamento a cargo do programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación
Luns, 27 de marzo de 2023
O proxecto BOW comprobará ‘in vivo’ a capacidade terapéutica dos seus nanodispositivos magnéticos
Unha trintena de investigadores acaban de darse cita no iMATUS para avaliar a evolución do traballo deste consorcio internacional no que participa a USC e que crea nanopartículas magnéticas híbridas recubertas con membranas de vesículas extracelulares, capaces de evadir a acción do sistema inmune
Luns, 27 de marzo de 2023
Un monográfico en liña e en aberto profunda no medio ambiente en Galicia
Unha vintena de autores xa incorporaron preto dunha decena de textos malia que a vontade do proxecto consiste en ir engadindo máis traballos nas vindeiras datas
Luns, 27 de marzo de 2023
Un consorcio internacional reducirá a captura accidental de especies mariñas ameazadas
O principal obxectivo deste proxecto no que participa a USC é minimizar e, na medida do posible, eliminar as capturas accesorias de especies prioritarias en perigo, ameazadas e protexidas
Venres, 24 de marzo de 2023
Unha investigación estuda a capacidade lingüística dos hititas para expresar as súas emocións
O estudo de João Paulo Galhano constatou que este pobo albergaba unha gran amplitude lexemática nos eido relativos a ‘Repugnancia, Odio, Enfado, Rabia e Ira’ así como no de ‘Aprehensión, Medo, Pánico e Ansiedade’
Venres, 24 de marzo de 2023
A USC participa nun informe sobre cumprimento normativo e integridade no sector público catalán
A profesora de Dereito Penal da USC, Inma Valeije, interveu no acto de presentación organizado pola Oficina Antifraude de Cataluña
Venres, 24 de marzo de 2023
Un estudo acouta os riscos para a saúde que parte da literatura científica atribúe ao cambio estacional de hora
Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e de Sevilla estudan como se ve afectada a saúde humana durante a semana posterior ao cambio horario
Xoves, 23 de marzo de 2023
Novos Medios lidera un proxecto para dar a coñecer os riscos do radon á sociedade
Con financiamento do Consello de Seguridade Nuclear, este grupo de investigación da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC analizará ata 2024 a percepción que a cidadanía ten deste gas e proporá accións de comunicación dirixidas a diferentes sectores
Xoves, 23 de marzo de 2023