Research
Portal
Research at USC
The USC ranks high in the productivity classification of research in Spanish and European universities and has a relevant position in the assessment of other indicators such as fund-raising for R&D projects and FPI or FPU grants, the number of articles indexed in the JCR or the PhD theses read.
The USC also has an extensive network of research support infrastructures with highly qualified personnel who provide scientific-technological support researchers, research groups, centres and departments.
A USC participa nun proxecto que alertará da presenza de toxinas en encoros e esteiros usando IA
A iniciativa AIHABs busca desenvolver un sistema de alerta temperá capaz de predicir a aparición e propagación das cianotoxinas empregando teledetección
2024-12-02
RURALtXA! leva avaliadas 23.000 hectáreas de hábitats para potenciar a bioeconomía das zonas rurais
O proxecto no que participa a USC traballa con centos de persoas comuneiras que desenvolven actividades tradicionais como a gandería extensiva, o sistema de manexo de cabalos salvaxes ou a apicultura
2024-12-02
Constatan que a era dixital intensificou a explotación e violencia contra as mulleres no sistema prostitucional
Un estudo da USC observa “fortes vínculos” entre sexo pagado, pornografía e violencia contra as mulleres, cun impacto negativo dos novos medios nas prácticas sexuais
2024-11-29
A investigadora Ana Arias Calvo do CRETUS gaña o premio á mellor tese que outorga a Cátedra AgroBank
O traballo galardoado estuda como converter os biorresiduos en biomateriais e produtos bioactivos no ámbito da economía circular, que busca os cero residuos
2024-11-29
Atopan os corpos de catro individuos na fosa de San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño
O Grupo Histagra da Universidade de Santiago parte da hipótese de que puideran ser cinco veciños desaparecidos en Moaña en 1936, o que aínda está por verificar
2024-11-28
Un estudo sobre leucoencefalopatía multifocal progresiva, premiado pola Sociedade Española de Enfermaría Neurolóxica
Na investigación participa persoal investigador da Escola Universitaria de Enfermaría do Campus de Lugo e da Facultade de Enfermaría compostelá
2024-11-28
Persoal investigador do CiMUS contribúe ao descubrimento dun novo mecanismo para loitar contra as enfermidades autoinmunes
Descobren tres novas proteínas que regulan a resposta inmunitaria cando ADAR1, unha enzima esencial neste proceso de regulación, non funciona correctamente
2024-11-27
Especialistas internacionais en Matemáticas buscan en Santiago solucións a problemas industriais e da vida real
Estudan o impacto no tráfico urbano do uso de aparcamentos compartidos e fórmulas para aproveitar máis a enerxía solar ou mellorar o procesamento de imaxes
2024-11-27
Persoal investigador da USC reúnese con representantes dos sectores agrario e pesqueiro para afrontar o cambio climático
O obxectivo foi aproveitar o coñecemento das persoas do sector primario galego para un enriquecemento mutuo entre ciencia, sector primario e as administracións
2024-11-25
Seis proxectos da USC obteñen axudas á investigación da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña
O equipo de José Tubío estudará como cambios xenéticos levarían a producir novas moléculas que activen o sistema inmunolóxico e o de Marta Varela buscará dianas celulares
2024-11-22