Portal da
Investigación
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
8.071
Proxectos
PollutedPast estudará como afectou a contaminación por metais as persoas que habitaban Europa nos períodos romano e medieval
O proxecto liderado pola investigadora da USC Olalla López Costas acaba de ser distinguido cunha axuda Consolidator Grant do European Research Council por valor de dous millóns de euros
Martes, 31 de xaneiro de 2023
O cometa C/2022 E3 (ZTF) atoparase o 1 de febreiro a uns 42 millóns de quilómetros da Terra
“Recoméndase a súa observación dende lugares suficientemente escuros e, de entrada, utilizando prismáticos”, explicou o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo
Luns, 30 de xaneiro de 2023
Unha investigación profunda na faciana filosófica de Ramón Piñeiro
Rocío Carolo Tosar é a autora deste traballo que constitúe unha das primeiras achegas sobre o rol filosófico do intelectual, “vocación que sempre tivo aínda que as circunstancias non lle permitiron desenvolvela”, asegura a investigadora
Luns, 30 de xaneiro de 2023
A EPS de Enxeñaría coordina unha rede europea de innovación de modelos de negocio agroforestal co proxecto AF4EU
Científicos e técnicos de 12 institucións de dez países europeos participan no Campus Terra na posta en macha dun programa Horizonte Europea liderado pola catedrática Rosa Mosquera e dotado de tres millóns de euros, que analizará as cadeas de subministración e a trazabilidade ambiental de producións agroforestais europeas
Xoves, 26 de xaneiro de 2023
Intelixencia Artificial e coñecemento humano selan unha alianza estratéxica contra a desinformación no proxecto HYBRIDS
A iniciativa ‘Intelixencia híbrida para monitorizar, promover e analizar transformacións nas boas prácticas democráticas’ conta co apoio da UE e do UKRI (UK Research and Innovation do Reino Unido) coa vontade de acoutar as noticias falsas, discursos de odio ou a desinformación, entre outras das ameazas coas que se atopan as democracias actuais
Mércores, 25 de xaneiro de 2023
A EPS de Enxeñaría aborda a relación entre conflitividade social e incendios provocados en Galicia entre 1999 e 2014
A tese de doutoramento desenvolvida no Campus Terra da UCS por Gervasio López baixo a dirección do catedrático Manuel Marey cuantifica en 96.648 os lumes forestais provocados no período de estudo e pon o foco na desigual incidencia das lapas en función da propiedade e do modelo de xestión dos terreos queimados
Mércores, 25 de xaneiro de 2023
Dúas investigacións da USC, distinguidas pola Real Academia de Farmacia na apertura do curso 2023
Lorena García del Río realizou un estudo sobre vacinas a través da mucosa sublingual, mentres que Ana Iglesias Mejuto centrouse no desenvolvemento de implantes óseos estériles mediante a combinación da impresión 3D e a tecnoloxía de fluídos supercríticos. Sandra Caiña López recibiu o premio ao mellor expediente académico do grao en Farmacia da promoción que finalizou os estudos no ano 2022
Mércores, 25 de xaneiro de 2023
Unha ducia de universidades avalían os indicadores de xénero no emprendemento universitario
Innovatia 8.3, proxecto conxunto da USC e do Instituto das Mulleres, avanzou os resultados dun estudo preliminar aberto á participación dos principais centros estatais de I+D+i
Martes, 24 de xaneiro de 2023
Ampliado ata o 3 de febreiro o prazo para participar na edición 2023 do programa ‘Acelerador de Transferencia’
Os proxectos contarán dende o primeiro momento co asesoramento do persoal técnico da AVTE e o financiamento poderá chegar ata 40.000 euros por un período de entre 3 e 9 meses
Martes, 24 de xaneiro de 2023
Unha investigación desenvolve metodoloxías analíticas para caracterizar a orixe botánica dos meles galegos
O estudo de Lúa Vázquez no CRETUS da USC abordou tamén mostras de interese agrario, ambiental e cosmético, así como procesos de degradación de diversas substancias en augas
Luns, 23 de xaneiro de 2023