Research
Portal
Research at USC
The USC ranks high in the productivity classification of research in Spanish and European universities and has a relevant position in the assessment of other indicators such as fund-raising for R&D projects and FPI or FPU grants, the number of articles indexed in the JCR or the PhD theses read.
The USC also has an extensive network of research support infrastructures with highly qualified personnel who provide scientific-technological support researchers, research groups, centres and departments.
A música modula a expresión dos xenes na saliva
O proxecto Sensoxenoma de estudo do efecto da música en persoas con diferentes enfermidades presentou novos resultados, “moi prometedores e particularmente significativos en pacientes con deterioro cognitivo”
2024-09-05
Preto de 200 especialistas exploran na USC os últimos avances e futuras sinerxías en nanociencia e nanotecnoloxía analíticas
A vicerreitora de Política Científica Pilar Bermejo salientou na apertura “a excelente reputación” deste congreso internacional que chega xa á súa edición número once.
2024-09-03
A USC recupera postos no Ránking de Shanghai e sitúase no tramo das 501-600 mellores universidades do mundo
En 2024, a Universidade de Santiago de Compostela consegue o seu máximo histórico no indicador relativo ao número de artigos publicados en 'Nature' e 'Science'
2024-08-29
Constatan que o sistema pesqueiro socioecolóxico da anchoa non se recuperou logo do peche de hai case dúas décadas
Persoal investigador do CRETUS realizan o primeiro estudo interdisciplinar do impacto do peche da pesca desta especie en España e Francia
2024-08-29
Unha investigación da USC pon en valor o poder que ostentaban fidalgas e burguesas na Compostela medieval
María Luz Ríos constata que as mulleres das familias ricas e nobres exhibían o seu elevado status pero tamén promovían a asistencia social fundando e xestionando hospitais
2024-08-29
Unha investigación do IDEGA revela que máis da metade das empresarias e directivas galegas sofre estrés laboral
Unha enquisa a mulleres en postos de liderado revela unha alta prevalencia da síndrome de ‘burnout’ e outros trastornos do ánimo coma a ansiedade ou a falta de sono
2024-07-31
O Campus Terra reverdece as paredes urbanas a través dun proxecto piloto de xardín vertical
Redución do ruído, mellora da calidade do aire ou amortecemento das temperaturas son tan só algúns dos beneficios desta tecnoloxía impulsada dende a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC no Campus de Lugo
2024-07-30
O grupo de investigación Benestar abordará o estudo da calidade de vida en relación coas enfermidades crónicas
De carácter multidisciplinar, intégrao persoal investigador das facultades de Psicoloxía, Ciencias Económicas e Medicina e está aberto a novas incorporacións
2024-07-29
Bota a andar a actividade do IPsiUS, nova estrutura de coordinación e colaboración na investigación en Psicoloxía
O novo instituto da USC, dirixido pola catedrática Isabel Fraga Carou, acaba de constituír o seu Consello Científico
2024-07-26
O investigador Jose M. Tubío obtén unha bolsa Leonardo na convocatoria 2024
A Fundación BBVA concedeulle esta axuda para levar a cabo o proxecto ‘Mutación somática de tecido hepático no contexto da hepatite B’, financiado con 40.000 euros
2024-07-24