Portal da
Investigación
Santiago de Compostela
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
A súa aplicación sobre máis de 100 restos óseos indeterminados permitiu identificar as especies consumidas tanto por neandertais como por humanos anatomicamente modernos
21/04/2026Jorge Mira Pérez da USC e José María Martín Olalla da US detectan erros na metodoloxía aplicada e sinalan que os resultados desta investigación son “unha ilusión matemática”
20/04/2026O evento está apadriñado polo Observatorio Astronómico da USC, da man do seu coordinador científico José Ángel Docobo
20/04/2026SacredTravels4Growth aborda as carencias deste tipo de turismo en Asia e África coa fin de adaptar os modelos europeos e de educación superior para formar especialistas na materia
20/04/2026O profesor substitúe no cargo a María Teresa Moreira. A investigación do CRETUS combina as capacidades de diferentes áreas de Ciencias Experimentais (ecoloxía, ecotoxicoloxía, modelización, química analítica e ambiental), Ciencias Sociais (dereito ambiental, economía e psicoloxía social), Humanidades (arqueoloxía) e Enxeñaría (biotecnoloxía ambiental, enxeñaría ambiental e de procesos)
20/04/2026Participan tres grupos do CiMUS e o CEBEGA, ademais da colaboración da Fundación Kærtor
17/04/2026No período 2025-2026, os membros deste instituto da USC asinaron un total de 148 publicacións, das que máis de 60 son artigos en revistas científicas
17/04/2026O dispositivo, baseado en películas ultrafinas ferroeléctricas, permite “acender” e “apagar” a condución térmica de forma estable, abrindo novas vías para xestionar a calor en tempo real
16/04/2026Nun congreso en Ciencias da Educación que congrega máis de duascentas persoas de 14 países de Latinoamérica, África e Europa
16/04/2026Un equipo da USC e da UDC avaliou unha nova metodoloxía de formación en soporte vital básico para nenos e nenas con trastorno do espectro autista
15/04/2026