Portal da
Investigación
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
Desenvolvese en formato híbrido ao longo dos días 10 e 11 de xullo como peche do programa Erasmus + ‘Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees (APs(M))’
2025-07-08Outorgáronse un total de 30 premios para as áreas de Artes e Humanidades, Ciencias e Enxeñarías, Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Xurídicas
2025-07-07A investigadora do CiQUS da USC foi recoñecida polo seu traballo no desenvolvemento de nanomateriais avanzados con aplicacións biomédicas
2025-07-07Na primeira xuntanza configurouse un grupo de traballo para avanzar na cooperación europea para a xestión sostible destas especies
2025-07-04A secuenciación do xenoma completo en Galicia revela unha ascendencia norteafricana preislámica con sesgo masculino e patróns microxeográficos de risco de enfermidade
2025-07-03Entre outras cuestións, abordará cuestións relacionadas coas solucións circulares para a recuperación de recursos, vías para acadar un impacto no mundo real e alternativas para medir e comunicar os beneficios da recuperación de recursos
2025-07-03“A actual situación mundial abre escenarios difíciles de predicir e esixirán das autoridades responsables respostas adecuadas e firmes para facer fronte aos desafíos”, advirten as persoas autoras do estudo
2025-07-03Persoal investigador do CiQUS e do CRETUS da USC inmobilizou con éxito encimas que degradan o plástico dentro de nanosferas de proteínas producidas por bacterias. A estratexia abre novas vías para unha reciclaxe de PET máis sostible
2025-07-02Á convocatoria desde ano, dirixida a persoal investigador de entre 30 e 45 anos cunha significativa produción científica, presentáronse 1.623 candidaturas
2025-07-01Para participar no evento é preciso formalizar a inscrición antes das 12.00 horas do xoves 3
2025-07-01