Portal da
Investigación
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
7.854
Proxectos
Economistas da USC descobren un método que axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia
Estiman que entre 2012 e 2020 houbo un número medio de 1.766,2 furtivos por ano e se extraeron furtivamente 660 toneladas de marisco
2024-03-27
A I Xeira CLARIAH-GAL xunta en Compostela os grupos galegos que investigan no eido das humanidades dixitais
As persoas interesadas en presentar pósters de proxectos relacionados coas liñas temáticas sobre as que xira o encontro poden enviar propostas ata o venres 5 de abril
2024-03-27
O fungo da tinta e a planta centroeuropea aceleran a desaparición da singularidade xenética dos ameneiros galegos
Estudos realizados por investigadores da USC en colaboración con colegas doutros centros do N de España confirman a orixinalidade xenética dos ameneiros do occidente ibérico ('Alnus lusitanica') respecto aos do resto de Europa ('Alnus glutinosa') e advirten da súa progresiva desaparición, ao tempo que alertan da escasa superficie ocupada por bosques maduros dentro do territorio galego
2024-03-26
Investigadores do CiMUS da USC avanzan na detección temperá e o tratamento dun cancro cerebral letal grazas á nanotecnoloxía
O estudo abre a porta a unha aproximación terapéutica completamente nova e podería posibilitar un ensaio clínico no prazo de tres anos
2024-03-25
O IGFAE, acreditado como Unidade de Excelencia María de Maeztu
O centro recupera a distinción, acadada por primeira vez no 2017, abrindo unha nova etapa no seu 25º aniversario. Supón un financiamento de 2,6 millóns de euros e impulsará o plan estratéxico trazado nos últimos anos.
2024-03-22
O equipo de María Jesús Domínguez recolleu este mércores o seu Premio de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias
Foille recoñecido cun accésit un traballo sobre o control do metabolismo da glicosa. O primeiro premio foi para un traballo do equipo de Soledad Muniategui
2024-03-21
A roza biolóxica, unha alternativa sustentable para a conservación das infraestruturas eléctricas no monte
A EPSE do Campus Terra da USC desenvolve xunto con Red Eléctrica de España (Redeia), UFD Distribución de Electricidade SA e a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, o proxecto ‘Pastando en REDe’
2024-03-20
Campus Terra e Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal avanzan cara a unha “indispensable” colaboración
A delegada do reitor da para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, salienta as sinerxías entre a actividade do organismo ministerial e as liñas de especialización do campus, ao tempo que sinala as múltiples oportunidades laborais que depara o ámbito da sanidade vexetal ás persoas tituladas na sede universitaria luguesa
2024-03-19
Universidades e entidades europeas acordan na USC desafíos e oportunidades sobre a economía azul co proxecto ATLIC
Representantes das diferentes entidades e organizacións de Portugal, Francia, Irlanda e España implicadas no programa europeo a prol do aproveitamento dos recursos que ofrece o Espazo Atlántico para o emprendemento e a innovación entre a mocidade, definiron no Campus Terra as áreas de traballo do programa Atlantic Innoblue Communities (ATLIC)
2024-03-19
Un estudo sinala os lípidos en sangue como potenciais biomarcadores de COVID persistente
A investigación na que intervén persoal do CiQUS, da Facultade de Física e do IDIS supón un avance na comprensión das secuelas desta patoloxía e abre a porta para mellorar o seu tratamento
2024-03-18