Research
Portal
Research at USC
The USC ranks high in the productivity classification of research in Spanish and European universities and has a relevant position in the assessment of other indicators such as fund-raising for R&D projects and FPI or FPU grants, the number of articles indexed in the JCR or the PhD theses read.
The USC also has an extensive network of research support infrastructures with highly qualified personnel who provide scientific-technological support researchers, research groups, centres and departments.
A USC traballa para mellorar os solos e a xestión forestal no Barbanza cun proxecto da Fundación Biodiversidad
O grupo UXAFORES do Campus Terra da USC analizará a fertilidade das parcelas e novas fórmulas de xestión forestal dos montes veciñais para optimizar a resilencia e a sustentabilidade do terreo cun programa nado do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e financiado polo MITECO con 2 millóns de euros de fondos Next Generation EU
2024-04-17
USC, UVigo e CSIC optimizan ferramentas xenómicas a prol da xestión sostible e da mellora da produtividade acuícola
O proxecto Ciencias Mariñas de Galicia cita en Veterinaria un grupo de traballo formado por uns 30 investigadores e coordinado polo catedrático da área de Xenética da USC Paulino Martínez e a investigadora do CSIC Laura Casas, que avanza na mellora xenética da pescada, rodaballo, mexillón, ostras, ameixas, berberechos, entre outras especies, a fin de facelas máis resistentes a parasitos e toxinas
2024-04-17
A spin off do Campus Terra da USC 3edata participa en África nun proxecto da Alianza Mundial para a Calidade da Auga
O proxecto semente das Nacións Unidas e o Centro Común de Investigación da Comisión Europea busca definir, a partir da teledetección, un índice multimétrico sobre a calidade da auga doce do lago Tanganica e a os seus cambios co paso do tempo
2024-04-16
A USC presentou en Vilagarcía a ecoetiqueta Pescaenverde para identificar os produtos con mellores indicadores ambientais
Pescaenverde é un selo exclusivo para os produtos da pesca extractiva que cumpran os requisitos de baixa pegada de carbono e alto retorno enerxético
2024-04-16
A Cátedra do Camiño estrea a maior base de datos con información de peregrinos a Compostela do século XIX
Está dispoñible en aberto e cun novo formato wiki grazas ao cal calquera persoa é quen modificar ou agregar novos datos, o que permitirá enriquecela
2024-04-15
Unha investigación do CiMUS da USC descobre un novo mecanismo en enfermidades que danan a “capa protectora” dos nervios
O achado, publicado na revista internacional Science Advances, proporciona unha base sólida para comprender patoloxías como a enfermidade de Charcot-Marie-Tooth ou a esclerose múltiple
2024-04-12
Conclúen no CiQUS que a resistencia térmica dalgúns materiais se pode regular aplicando unha voltaxe
O traballo abre novas posibilidades para o deseño de reguladores térmicos e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles
2024-04-10
Seminario sobre propiedade industrial no CiMUS
Afondará nas particularidades de patentar en Europa novos usos de fármacos
2024-04-10
O IGFAE participa na detección dunha colisión pouco habitual entre dous obxectos cósmicos a 650 millóns de anos luz da Terra
A observación de ondas gravitacionais permite sospeitar que o máis lixeiro é unha estrela de neutróns e o máis pesado un burato negro
2024-04-08
Transcriben todas as cantigas da lírica profana galego-portuguesa que se coñecen na actualidade
A ferramenta, pioneira en todo o mundo, pode ser de aplicación para a dixitalización doutros textos medievais
2024-04-05