Portal da
Investigación
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
7.854
Proxectos
Un estudo sinala os lípidos en sangue como potenciais biomarcadores de COVID persistente
A investigación na que intervén persoal do CiQUS, da Facultade de Física e do IDIS supón un avance na comprensión das secuelas desta patoloxía e abre a porta para mellorar o seu tratamento
2024-03-18
O profesor e investigador Sebastián Villasante, nomeado editor en xefe da revista científica ‘Marine Policy’
Trátase da principal revista de estudos sobre políticas dos océanos e nela publícanse artigos que contribúen á formulación e comprensión da política mariña
2024-03-18
A mostra '8 libros, 8 mulleres que cambiaron o mundo' comeza a súa andaina na Facultade de Filoloxía
Novelas de autoría feminina como ‘Frankenstein’ ou ‘Matar un reiseñor’ foron pioneiras en abordar temas e abrir debates que modificaron as sociedades da súa época
2024-03-18
A importancia do debuxo na ‘arte’ de educar
Os artistas e docentes da área de Didáctica da Expresión Plástica da USC en Formación do Profesorado Vicente Blanco Mosquera e Salvador Cidrás comparten as súas innovadoras experiencias de pedagoxía creativa coa infancia coa comunidade educativa de Brasil, onde este luns presentan na III Bienal do Libro de Guarulhos a obra ‘Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir’, galardoada co Premio Marta Mata 2020
2024-03-15
Maria J. Matos, unha das voces escollidas polo ‘Journal of Medicinal Chemistry’ para fomentar vocacións científicas entre as máis pequenas
Co gallo do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres, a publicación recolle testemuños de científicas especializadas en química terapéutica arredor de que foi o que as motivou para entrar nese eido investigador
2024-03-15
O equipo de María Jesús Domínguez acaba de ser recoñecido cun accésit nos Premios de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias
Este recoñecemento pon en valor o traballo do equipo da USC no control do metabolismo da glicosa. O primeiro premio foi para un traballo do equipo de Soledad Muniategui
2024-03-14
O equipo de María Jesús González acaba de ser recoñecido cun accésit nos Premios de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias
Este recoñecemento pon en valor o traballo do equipo da USC no control do metabolismo da glicosa. O primeiro premio foi para un traballo do equipo de Soledad Muniategui
2024-03-14
O blog do proxecto sobre o Camiño de Georgiana Goddard King enriquécese con seis novos artigos
Manuel Rodríguez en dúas entregas, Mar Llinares, Francisco Javier Novo, Anne Born e Miguel Taín analizan distintos aspectos do traballo da historiadora da arte sobre a ruta xacobea
2024-03-14
O LREC identifica os clons de ‘E. coli’ causantes de infeccións urinarias graves e propón un sinxelo protocolo de vixilancia
Os grupos clonais pandémicos de ‘E. coli’ B2-CC131 e B2-ST1193 provocan a metade das infeccións de tracto urinario multirresistentes, segundo publica en ‘Frontiers in Cellular and Infection Microbiology’ o equipo do Campus Terra da USC liderado por Azucena Mora. O estudo busca axilizar a vixilancia etiolóxica hospitalaria e comunitaria destas doenzas, ademais de facilitar o deseño de vacinas para erradicar a diseminación destes clons de alto risco resistentes ás fluoroquinolonas
2024-03-13
Preto de 150 especialistas danse cita en PROPOR, o congreso internacional en procesamento da lingua portuguesa
O foro desenvólvese ata o 15 de marzo e a súa organización corre a cargo do CiTIUS da USC
2024-03-13